viernes, 23 de enero de 2015

AS MÁQUINAS. A SOCIEDADE E OS AVANCES TÉCNICOS. INICIACIÓN A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


A mediados do século XVIII comezou en Europa un proceso de cambio constante en que o uso de novas técnicas, fontes de enerxia e formas de organización do traballo provocou un enorme crecemento da producción mecanizada de bens. Á vez, a sociedade e a vida cotiá modificarónse intensamente.

Eses cambios económicos e sociais coñecense como revolución industrial e marcan o paso dunha sociedade agrícola e tradicional a unha sociedade industrial, e moderna. Así mesmo, esta revolución foi a orixe da fenda económica e social entre os países desenvolvidos, é dicir, os que se beneficiaron do proceso industrializador, e os paises subdesenvolvidos, aqueles que mantiveron sistemas de producción tradicionais.
A industrialización comenzou en Gran Bretaña no último terzo do século XVIII e despois estendeuse por toda Europa.
A producción industrial creceu a unha velocidade vertixinosa, pero os antigos medios de transporte eran lentos . Necesitábanse novos transportes para mellorar o comercio e asegurar o aprovisionamiento das fábricas e a distribucción das mercadorías. No século XIX,  a situación cambiou; apareceron o barco de vapor e o ferrocarril.
A revolución industrial foi tamén un proceso de cambio social. Ao longo do século XIX acelerouse o crecemento da poboación e producironse grandes migracións as cidades e ás colonias de ultramar.
A socidade industrial dividíase en clases , grupos que se distinguíann pola súa posición económica.
Unha das innovacións do século XIX foi a consolidación da pequena burguesía ( clase media ) e a aparición dunha clase obreira.
A concentración de miles de obreiros en fábricas favoreceu que estes tomasen conciencia da súa dura situación laboral e intentasen mellorarla mediante accións colectivas. Estos movementos baseáronse en dúas novas idealoxías : o socialismo e o anarquismo.









TEMPOS MODERNOS , dirixida por Charles Chaplin en    1936: esta película é unha sátira da sociedade industrial. esta película é unha sátira da sociedade industrial.
O protagonista desta historia é un obreiro da industria do aceiro que perde a razón esgotado polo vertixinoso ritmo da cadea de montaxe.


OLIVER TWIST : E unha película das moitas adaptacións cinematográficas feitas da novela de Charles Dickens , no que queda reflexado a sociedade do Londres do século XIX.

No hay comentarios:

Publicar un comentario