viernes, 15 de mayo de 2020

17 de maio: Día das Letras Galegas

Xa sei que hoxe é 15 de maio, pero como o 17 de maio cae  a domingo vou compartir con vós un pouco de información e unhas actividades para celebrar o día das nosas letras: As letras galegas.
Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo e lingüista que naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910.


Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.
Se estivésemos no cole, veríamos os cartaces que conmemoran esta data. Pero non imos quedar sen velos. Aquí os tedes!



Agora. imos xogar un pouco cunhas actividades interactivas sobre a vida e obra de  Carvalho Calero. Soamente tedes que clicar na imaxe!

Celebrade ben o Día das Letras Galegas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario