CIENCIAS DA NATUREZA

MARTES 13 DE XUÑO 2020
SOLUCIÓNS 

1ºCómpre que se poñan en contacto dous corpos con distinta cantidade ou distinto tipo de carga eléctrica para que a carga pase dun corpo a outro.


2º Que un material sexa condutor da electricidade significa
que as cargas eléctricas se poden mover a través del con
facilidade. Un exemplo é o cobre.

3º O plástico é un material illante, xa que por el non poden
circular as cargas eléctricas.  O plástico é utilizado
como illante nos cables, recubrindo o material condutor
que o compón.

4º Un electroimán consiste nunha barra de ferro arredor
da cal se enrola un cable condutor. Cando pasa a corrente
polo cable, a barra de ferro convértese nun imán.
Cando deixa de pasar a corrente, a barra perde o magnetismo.
Cando un imán se move cerca dun cable, neste prodúcese
unha corrente eléctrica. Este fenómeno emprégase
nos xeradores.

5º A batería dun teléfono móbil, efecto sonoro (recibir e facer
chamadas). A pantalla dunha tableta, efecto luminoso e
sonoro (ver vídeos, escoitar música, ler un libro, navegar
por Internet...). Un forno, efecto calorífico (cociñar alimentos
mediante a calor). Un batedor, efecto mecánico (triturar
alimentos e mesturalos, facer cremas, purés,

maionesas…). Un timbre, efecto sonoro (producir son).


VENRES 12 DE XUÑO DE 2020

Os efectos da corrente eléctrica

A corrente eléctrica pode producir diversos efectos:

1ºEfecto calorífico. 
Cando a corrente eléctrica pasa por un material condutor, este quece. É o que ocorre cun ferro para alisar a roupa,
ou unha torradora.

2ºEfecto luminoso. A corrente eléctrica pode producir luz,
como sucede nunha lámpada, nun tubo fluorescente ou
na pantalla dun televisor.

3ºEfecto sonoro. A corrente eléctrica transfórmase en son
nos altofalantes, como os dun equipo de música ou os do ordenador.

4ºEfecto magnético. É a capacidade que posúe a corrente eléctrica de xerar magnetismo e que se emprega, por exemplo,

nos electroimáns.

5ºEfecto mecánico. Nos motores eléctricos a corrente eléctrica úsase para producir un movemento xiratorio, coma nos ventiladores, nos espremedores e nos trades.

6ºEfecto químico. A electricidade pode provocar cambios químicos nas substancias e ao revés.
Este efecto aprovéitase nas pilas e nas baterias recargables.



A TAREFA DE HOXE CONSISTE EN COPIAR O ESQUEMA NOS VOSOS CADERNOS E CONTESTAR AS PREGUNTAS QUE SON MOI SINXELAS

1 Que é necesario para que circule a corrente eléctrica?

2 Que significa que un material é condutor da electricidade?
Pon un exemplo.

3 Por que se di que o plástico é un material illante? Pon un exemplo do uso que se lle dá a este material en relación con esta propiedade.

4 Indica o tipo de efecto que provoca a corrente eléctrica ao circular polos seguintes obxectos: a batería dun teléfono móbil, a pantalla
dunha tableta, un forno, un batedor e un timbre.



MARTES 9 DE XUÑO2020

Ola chic@s !!!! Hoxe imos ver un tema novo para nós " A ELECTRICIDADE"

A TAREFA DE HOXE CONSISTIRÁ EN FACER O ESQUEMA NOS VOSOS CADERNOS


AS CARGAS ELÉCTRICAS

Cando se freta un bolígrafo cun xersei de la e se achega ao
pelo dunha persoa ou a pequenos anaquiños de papel, compróbaseque o bolígrafo é capaz de atraelos. 
Isto acontece porque, ao ser fretados, os corpos adquiren
a propiedade de atraer obxectos pequenos. Dicimos que
o bolígrafo se electrizou, é dicir, que adquiriu carga eléctrica.
Todos os corpos que ves ao teu arredor teñen cargas
eléctricas. A carga eléctrica é unha propiedade da materia,
como o son a masa e o volume.


Tipos de cargas eléctricas

Un corpo pode adquirir dous tipos de carga eléctrica: carga
positiva ou carga negativa.
Polo xeral, os corpos que nos rodean teñen a mesma cantidade
de cargas positivas e negativas; é dicir, son electricamente
neutros.
Pero as cargas negativas poden pasar facilmente dun corpo
a outro co rozamento. Por exemplo, cando se freta o bolígrafo
contra o xersei, pasan cargas negativas do xersei ao
bolígrafo, de xeito que:
O bolígrafo queda con máis cargas negativas ca positivas,
polo que queda cargado negativamente.
En cambio, o xersei queda con máis cargas positivas ca

negativas, é dicir, queda cargado positivamente





Se dous corpos que se aproximan teñen o mesmo tipo de carga, xa sexa positiva ou negativa, repélense.
 Polo contrario, as cargas de distinto tipo atráense.




A CORRENTE ELÉCTRICA

Cando se poñen en contacto dous corpos con distinta cantidade
ou distinto tipo de carga eléctrica a través, por exemplo,
dun cable metálico, a carga pasa dun corpo a outro.
A corrente eléctrica é o movemento das cargas eléctricas
a través dun material.
Pero non todos os materiais conducen igual a electricidade.
Podemos distinguir dous tipos de materiais:

Os materiais condutores. 
Son os que conducen ben a corrente eléctrica. As cargas eléctricas móvense con facilidade a través deles.
En xeral, todos os metais son bos condutores da electricidade.

Os materiais illantes.
Son os que non conducen ben a corrente eléctrica; é dicir, as cargas eléctricas non poden moverse a través deles.
A madeira, o plástico, a goma e mais o cristal son materiais illantes.
Estes dous tipos de materiais utilízanse conxuntamente para
a fabricación de cables, interruptores e lámpadas.


 Os condutores transmiten a electricidade de forma eficaz.

 Os illantes garanten a seguridade das persoas que os utilizan ao impedir que a corrente eléctrica pase ao corpo humano e llesproduza algún dano.






VENRES 5 DE XUÑO 2020

Ola rapazada!!!! Para rematar o tema imos ver as solucións das preguntas do derradeiro día da clase.
Qué teñades un bo fin de semana!!!

1 A. Luminosa. B. Calorífica. C. Mecánica.

2 A que está nunha posición máis elevada. Teñen enerxía
mecánica os corpos que están nunha posición elevada,
pois póñense en movemento pola gravidade.


3 As pilas almacenan enerxía química. Ao acendela, esta
transfórmase en enerxía eléctrica, que se transforma
á súa vez en enerxía luminosa na lámpada.


4 R. M. Nas follas das plantas a enerxía luminosa transfórmase
en química. Nun batedor a enerxía eléctrica transfórmase
en mecánica. Ao queimar un anaco de madeira,
a súa enerxía química transfórmase en calorífica.


5 O motor dos automóbiles necesita enerxía para producir
movemento. A enerxía química do combustible transfórmase
en enerxía mecánica no motor, que é a parte
do coche encargada do movemento.


6 A. É unha mestura e, polo tanto, unha rocha. B. É unha
substancia pura e, polo tanto, un mineral.


7 A e D, porque non se poden distinguir os compoñentes.


8  O formigón é unha mestura de pedras miúdas e morteiro de cemento e area.

9 Ambas poden utilizarse para separar mesturas homoxéneas
formadas por un sólido e un líquido. Evapórase
o compoñente líquido e queda o sólido. No caso
da evaporación, o líquido pasa a estado gasoso e pérdese.

No caso da destilación, o vapor recóllese e condénsase


10 Cun cribo que permita soamente o paso do arroz.




MARTES, 2 de xuño 2020
Ol@! Hoxe para comezar a semana imos ver a importancia das reaccións químicas na nosa vida de cotío.
A importancia das reaccións químicas
As reaccións químicas ocupan un lugar moi importante nas nosas vidas, aínda que a miúdo non sexamos moi conscientes diso. A calor que se desprende na combustión transfórmase noutros tipos de enerxía.
As máis importantes son a enerxía mecánica e a eléctrica. Nos motores dos vehículos, a calor da combustión transfórmase en
movemento.
Nas centrais térmicas, a calor da combustión utilízase para producir electricidade. Grazas a ela funcionan os aparellos, a calefacción, o aire acondicionado…
Ao cociñar suceden reaccións químicas nos alimentos que modifican o seu sabor e que fan máis fácil a súa dixestión.  Ademais, na industria alimentaria prodúcense as fermentacións grazas ás que obtemos algúns alimentos.
Nas industrias químicas conséguense multitude de produtos útiles, como colorantes, conservantes, medicamentos, plásticos, e fertilizantes que non existen na natureza. 
Tamén no interior dos seres vivos suceden multitude de reaccións químicas como as que se producen para obter enerxía.
A tarefa de hoxe consiste en facer os exercicios da páxina 104 do voso libro de texto.

VENRES  29 de maio 2020
Ola rapazada!!!! Hoxe imos ver que son as reaccións químicas e cales son os seus tipos.
Que son as reaccións químicas:
Cando se queima unha folla de papel, o papel desaparece e transfórmase nunha substancia diferente: cinzas. Neste caso produciuse unha reacción química.
As reaccións químicas son cambios da materia en que unhas substancias se transforman noutras.
Nun cambio de estado, as substancias continúan sendo as mesmas. Por exemplo, cando un anaco de xeo se funde, continúa sendo auga. En cambio, nunha reacción química hai unhas substancias iniciais e ao final do proceso aparecen outras substancias distintas. É o que sucede cando se queima a folla de papel. Ao final o papel desaparece e transfórmase en cinzas. O aspecto e as propiedades do papel e da cinza son totalmente diferentes.
Os tipos de reaccións químicas:
Existen moitos cambios químicos. Algúns exemplos son a oxidación, a combustión e a fermentación.
1º A oxidación prodúcese cando unha substancia se transforma noutra ao combinarse co osíxeno. Oxídase, por exemplo, o ferro, pero tamén se oxidan moitas outras substancias, como o aluminio ou o cromo.





2º A combustión é un tipo especial de oxidación que sucede

moi rapidamente. Nela, unha substancia, o combustible, combínase con osíxeno. Prodúcese unha chama, despréndese moita calor e, normalmente, xérase dióxido de carbono. Cando arde a madeira, transfórmase en dióxido de carbono e cinza.





3º As fermentacións son un tipo de reaccións que ocorren
nos seres vivos. Algunhas destas fermentacións empréganse para producir o iogur, o viño, o pan ou o vinagre, e son producidas pola acción de bacterias ou de fermentos







VIDEOS EXPLICATIVOS DAS REACCIÓNS QUÍMICAS CON ALGÚN EXPERIMENTO SINXELO.





A tarefa de hoxe consiste en facer o esquema das reaccións químicas e os seus diferentes tipos nos vosos cadernos.


Martes 26 de maio 2020
Ola rapaces! Hoxe imos contestar as preguntas do último día.
SOLUCIÓNS:
    1. Cando os corpos reciben calor, pódese producir fusión, vaporización ou sublimación. Cando os corpos perden calor, pódese producir solidificación ou condensación.
       2. É o paso do estado líquido ao estado gasoso dun corpo. Hai dous tipos: evaporación e ebulición. A evaporación prodúcese a calquera temperatura e lentamente.  A ebulición ocorre dunha forma rápida cando un corpo recibe calor e alcanza unha certa temperatura, que é fixa para cada substancia.
     3. A temperatura de fusión é aquela en que unha substancia pura pasa de sólido a líquido. É unha propiedade característica de cada substancia. Por exemplo, a auga sólida (xeo) pasa a auga líquida a 0 ºC.

Venres, 22 de maio 2020
Ola clase! Hoxe imos ver os cambios do estado da materia!
A materia pódese encontrar na natureza en tres estados:
  • sólido
  • líquido
  • gasoso

Normalmente, os cambios de estado prodúcense cando un corpo recibe calor ou cando o perde. Os cambios de estado son:

1. FusiónÉ o cambio do estado sólido ao estado líquido dun corpo cando recibe calor. Incluso o aceiro se funde se a súa temperatura aumenta o suficiente. 


2. SolidificaciónÉ o paso de líquido a sólido dun corpo cando perde calor. Prodúcese, por exemplo, cando no conxelador a auga se transforma en xeo.


3. VaporizaciónÉ o paso do estado líquido ao estado gasoso dun corpo. Pode ocorrer de dous xeitos:


  • Evaporación. Prodúcese a calquera temperatura e lentamente. Por exemplo, se deixamos destapado un frasco de colonia, co tempo, a colonia evapórase.
  • Ebulición. Ocorre dunha forma rápida cando un corpo recibe calor e alcanza unha certa temperatura que é fixa para cada substancia. Por exemplo, a auga ferve, é dicir, entra en ebulición, aos 100 ºC.


4. CondensaciónÉ o paso de gas a líquido. Ocorre, por exemplo, cando o vapor de auga do baño se condensa no espello, que se embaza. 


5. SublimaciónÉ o paso do estado sólido ao estado gasoso directamente, sen pasar por líquido. Dáse nalgunhas substancias como o iodo e a naftalina.










A tarefa de hoxe consiste en facer o esquema e contestar as seguintes preguntas nos vosos cadernos. Cada vez o facedes mellor! 

    1. Que cambios de estado se producen cando os corpos reciben calor? E cando o perden?
    2.  En que consiste a vaporización? Que tipos de vaporización hai? Cales son as súas diferenzas?
    3. Explica cun exemplo o que é a temperatura de fusión.

Martes 19 , de maio 2020
Hoxe imos correxir as preguntas do último día da clase.
SOLUCIÓNS
1º. Substancia pura: a que está formada por un só tipo de materia.
2º. Mestura heteroxénea: aquela en que se poden distinguir os seus compoñentes. 
3º. Mestura homoxénea: aquela en que non se poden distinguir os seus compoñentes.
4º. Aliaxe: mestura homoxénea en que unha ou
varias das substancias son metais.
5º. A filtración serve para separar mesturas heteroxéneas formadas por un sólido e un líquido. Pódense separar os fideos da parte líquida mediante un coador. 
6º. Para separar area e pedriñas, tamén se pode usar a filtración, empregando un cribo do tamaño adecuado, de forma que pasen só os grans de area.

VENRES, 15 de maio 2020
Hoxe imos preguntar sobre o último visto na clase. Tedes que contestar as preguntas nos vosos cadernos. Non esquezades a data e a caligrafía , a orde e a limpeza. 
Qué o estades a facer moi ben!!!!!
Define:
1º. Substancia pura
2º. Mestura heteroxénea
3º. Mestura homoxénea
4º. Aliaxe
5º. Que método de separación usarías se tiveses unha sopa e quixeses retirar os fideos?

6º. E se tiveses unha mestura de area e pedriñas?

MARTES, 12 de maio 2020

Ola clase! Xa coñecemos as substancias puras e as mesturas homoxéneas e heteroxéneas.

Pois hoxe imos ver cómo sepáransse as mesturas e moi doado, poñede moita atención!!!!
A tarefa de hoxe consiste en copiar os apuntamentos nos vosos cadernos sen esquecer a data e o título . 
Para que sexa máis sinxelo logo tedes uns vídeos explicativos sobre os tipos de separación de mesturas.
Apertas para todos! Seguide traballando tan ben como ata agora.
Separación de mesturas:
Existen distintos métodos que se poden empregar para separar mesturas. Algúns deles son os seguintes:
1. Filtración:
Serve para separar mesturas heteroxéneas formadas por un sólido e un líquido ou por dous sólidos con distinto tamaño. Faise utilizando filtros ou cribos.
2. Evaporación:
Úsase para separar mesturas homoxéneas formadas por un sólido e un líquido. Evapórase o compoñente líquido e queda o sólido. Emprégase nas salinas.
3. Destilación:
É un tipo de evaporación en que o vapor se recolle e se condensa.
Serve para separar disolucións de sólidos en líquidos e de líquidos con distintas temperaturas de ebulición. Por exemplo,
ao destilar a auga da billa conséguese auga destilada, sen os sales.
4. Decantación:
Utilízase para separar mesturas heteroxéneas de substancias con distinta densidade.
Os embudesde decantación, por exemplo, empréganse para separar líquidos con distinta densidade.







VENRES 8 de maio 2020
Ola rapaces ! Hoxe imos falar das substancias puras e as mesturas. Qué vos parece?
Xa veredes como é moi doado. Tedes que copiar nos vosos cadernos  coa data correspondente o esquema que vai a continuación, non vos esquezades da orde , limpeza e caligrafía.
Substancias puras e mesturas
A materia preséntase de moitas formas diferentes, que chamamos substancias. A madeira, o plástico, o aire, o carbón, a auga e o diamante sonexemplos de substancias.
Distinguimos dúas clases de substancias: as substancias puras e as mesturas.
As substancias puras: están formadas por un só tipo de materia. O osíxeno, o ouro, o sal e o azucre son substancias puras, igual ca todos os minerais. Estas substancias non se poden separar noutras diferentes. 
As mesturas: están formadas por varias substancias puras diferentes. Por exemplo:
  • A auga do mar : está composta por auga e por sales.
  • As rochas:  conteñen diversos minerais . 
  • O leitecontén auga, graxa, azucres, proteínas e moitas outras substancias.
A maioría das substancias que nos rodean son mesturas. De feito, na natureza é difícil encontrar substancias puras. Incluso a auga que bebemos é unha mestura, pois contén pequenas cantidades de sales e de gases.
Tipos de mesturas:
Todas as mesturas están formadas por varias substancias puras diferentes, pero podemos diferenciar dous tipos principais de mesturas:
Mesturas heteroxéneas:
Son aquelas en que sepoden distinguir os seus compoñentes, como unha sopa de fideos ou unha rocha de granito. 
Mesturas homoxéneas ou disolucións:
Son aquelas en que non se poden distinguir os seus compoñentes, como a auga do mar, que está formada por auga e sales, ou o aire, que está composto pola mestura de varios gases.
Un tipo especial de mesturas son as aliaxes: Son mesturas homoxéneas en que unha ou varias das substancias son metais. Por exemplo, o aceiro



Deixo un vídeo coa explicación de substancias puras, mesturas e tipos de mesturas Deica a próxima semana!



Martes, 4 de maio 2020
Ola rapaces! Hoxe imos ver as fontes de enerxía
Fontes de enerxía: As fontes de enerxía son os recursos naturais dos que obtemos a enerxía.
 1ºAs fontes de enerxía renovables : son as que non se gastan porque se producen constantemente. As máis importantes son: o sol, o vento, a auga, a calor interna da Terra e a biomasa.  2ºAs fontes de enerxía non renovables: son recursos naturais limitados, polo que se poden esgotar. Hai dous tipos principais: os combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo, o gas natural… e o uranio e o plutonio, que son substancias de orixe mineral. A enerxía obtida aprovéitase en centrais: térmicas, solares, hidráulicas, eólicas… para producir enerxía eléctrica.








Mirade o vídeo con moita atención logo facedes o esquema nos vosos cadernos.

Martes ,28 de abril 2020
Ol@ clase!
Antes de nada imos pór as solucións da semana pasada que todos fixéstedes moi ben:
  Que tipo de enerxía teñen os vagóns que se desprazan nunha montaña rusa?
Teñen enerxía mecánica debida ao movemento e tamén á posición elevada nalgúns puntos do percorrido. Canto máis rápido van, máis enerxía teñen; canto máis altos están, tamén. 2º Que tipo de enerxía emprega unha  calculadora solar para funcionar?
3 É unha calculadora solar. Na parte superior ten unhas células fotoeléctricas que captan a luz e a transforman en enerxía eléctrica, que é a que usa a calculadora


Prestade atención aos videos  que son moi interesantes sobre os tipos de enerxía.
Deíxovos uns xogos faciliños para practicar podedes pinchar na seguinte dirección: A xogar!!!!!!!!
Xogo: tipos de enerxía

Martes , 21 de abril 2020
Ol@!!!!!
Hoxe imos coñecer a ENERXÍA e cales son as súas FORMAS. Imos comezar pouco a pouco. 


Podedes copiar nos voso cadernos estes dous esquemas?  Recordade pór a data e o título! Como vedes no esquema dos tipos de enerxía temos uns interrogantes porque tedes que intentar completalo cos datos que vos dou a continuación:
Vento, estufa, bombilla, carbón,electrodomésticos e a alarma ou despertador.

Agora seguimos lendo! (non copiedes esto!)
Cada forma de enerxía ten certas características. 
A enerxía mecánica : Os corpos que están en movemento teñen enerxía mecánica. Canto maior é a súa velocidade, maior é a súa enerxía mecánica. O mesmo ocorre coa masa: canto maior é a súa masa, maior é a súa enerxía mecánica. Por exemplo, unha rocha que cae pode causar máis danos canto maior é a súa velocidade e a súa masa. Os resortes e outros obxectos elásticos tamén teñen enerxía mecánica e poden facer que se movan outros corpos. Tamén teñen enerxía mecánica os corpos que están nunha posición elevada, pois pódense poñer en movemento por acción da gravidade.

A enerxía química : A enerxía química é a que teñen certas substancias: 
A enerxía química dos alimentos é a que fai que funcione o noso corpo. A enerxía química dos combustibles ponse de manifesto cando estes arden ou cando se empregan nun motor, por exemplo. As pilas conteñen substancias cuxa enerxía química se transforma facilmente en enerxía eléctrica.

A enerxía eléctrica: A enerxía eléctrica é a enerxía que se manifesta nalgúns fenómenos, como os raios. É a mesma enerxía que nos proporciona a corrente eléctrica. Esta circula polos cables eléctricos e é imprescindible para facer que funcionen as lámpadas, os televisores, os ascensores, os frigoríficos, os trens…
A enerxía eléctrica obtense a partir doutras formas de enerxía nas centrais eléctricas. Á súa vez, transfórmase noutras formas de enerxía por medio de diferentes máquinas. Por exemplo, o ventilador transforma a enerxía eléctrica en enerxía mecánica.


A enerxía luminosa: A enerxía luminosa é a que ten a luz. Necesítana as plantas para realizar a fotosíntese e fai posible a nosa visión. Un uso moi importante desta enerxía é a súa transformación en enerxía eléctrica nas células fotoeléctricas. Cando a luz solar incide sobre elas, producen enerxía eléctrica.


A enerxía térmica ou calorífica: A enerxía térmica ou calorífica é a que pasa dun corpo que está máis quente a outro que está máis frío. Canto maior é a temperatura que ten un corpo, maior é a súa enerxía térmica. Así, un vaso de té que está a 40 ºC ten máis enerxía calorífica ca un vaso de zume a 10 ºC. Tamén, unha pota con sopa a 30 ºC ten máis enerxía ca un prato de sopa á mesma temperatura. É dicir, a máis cantidade de materia, máis enerxía térmica. Este tipo de enerxía produce cambios que son moi visibles na materia.

A enerxía nuclear : A enerxía nuclear é a que posúen certas substancias coñecidas co nome de combustibles nucleares, como o uranio e o plutonio. A igualdade de masa, un combustible nuclear xera moitísima máis enerxía ca un combustible convencional, como a gasolina ou o carbón. O principal uso da enerxía nuclear é a obtención de enerxía eléctrica nas centrais nucleares, pero tamén se emprega para impulsar grandes barcos e submarinos


Pois ben, como agora xa tedes moita inforamción sobre a enerxía e os tipos d enerxía, imos rematar contestando as seguintes preguntas no voso caderno. Ánimo valentes!!!

           1. Que tipo de enerxía teñen os vagóns que se desprazan nunha montaña rusa? Explica a resposta.
     2. Que tipo de enerxía emprega unha  calculadora solar para funcionar? Explica a resposta.

Venres ,17 de abril 2020
Ol@ rapaces!  Hoxe imos relaxarnos e repasar xogando!
Déixovos un xogo que podedes facer na casa, pero antes... a copiar nos vosos cadernos estas dúas imaxes cun esquema da materia. Recordade escribir a data e o título.



Agora, a xogar! Para acceder ó xogo pincha aquí ou na seguinte imaxe.


Martes, 14 de abril 2020
Ola clase! Benvid@s de novo ás clases que comenzan hoxe 
Hoxe veremos algo de química!!!!!! Qué é a materia e as súas propiedades!!!! Qué vos parece?
LA MATERIA Y SUS PROPIEDADES

MATERIA: Es Todo aquello que tiene masa y ocupa un lugar en el Espacio. 

Si tiene masa y ocupa un lugar en el Espacio Que significa es cuantificable, es decir, que se puede Medir. 
•Todo cuanto podemos imaginar, desde un libro, un auto, el computador y hasta la silla en que nos sentamos y el agua que bebemos, o incluso algo intangible como el aire que respiramos, está hecho de materia.
•Los planetas del Universo, los seres vivos como los insectos y los objetos inanimados como las rocas, están también hechos de materia. 

PROPIEDADES DE LA MATERIA

Las propiedades de la materia se clasifican en dos grandes grupos: generales o extrínsecas y especificas o intrínsecas.

I. Propiedades Generales:Son las propiedades que presenta todo cuerpo material sin excepción y al margen de su estado físico, así tenemos:

Masa: Es la cantidad de materia contenida en un volumen cualquiera, la masa de un cuerpo es la misma en cualquier parte de la Tierra o en otro planeta. 

Volumen: Un cuerpo ocupa un lugar en el espacio 

Peso: Es la acción de la gravedad de la Tierra sobre los cuerpos. En los lugares donde la fuerza de gravedad es menor, por ejemplo, en una montaña o en la Luna, el peso de los cuerpos disminuye. 

Porosidad: Como los cuerpos están formados por partículas diminutas, éstas dejan entre sí espacios vacíos llamados poros. 

La inercia: Es una propiedad por la que todos los cuerpos tienden a mantenerse en su estado de reposo o movimiento. 

La impenetrabilidad: Es la imposibilidad de que dos cuerpos distintos ocupen el mismo espacio simultáneamente. 

Elasticidad: Propiedad que tienen los cuerpos de cambiar su forma cuando se les aplica una fuerza adecuada y de recobrar la forma original cuando se suspende la acción de la fuerza. La elasticidad tiene un límite, si se sobrepasa el cuerpo sufre una deformación permanente o se rompe. Hay cuerpos especiales en los cuales se nota esta propiedad, como en una liga, en la hoja de un cuchillo; en otros, la elasticidad se manifiesta poco, como en el vidrio o en la porcelana. 

2. Propiedades especificas: Son aquellos que no dependen de la cantidad de materia, los más importantes son:

Dureza: Es la resistencia que presenta un sólido a ser rayado. La dureza de un cuerpo se establece mediante la escala de MOHS. El material más duro es el "diamante" y el menos el "talco" 

Maleabilidad: Propiedad por la cual los metales se pueden transformar hasta láminas. 

Ductilidad: Propiedad por la cual los metales se pueden transformar hasta alambres o hilos. 

Tenacidad: Es la resistencia que ofrecen los cuerpos a romperse o deformarse cuando se les golpea. 

Fragilidad: es la tendencia a romperse o fracturarse.

Densidad: Es la relación que existe entre la masa de una sustancia y su volumen. 

Punto de Ebullición:Es la temperatura a la cual una sustancia pasa de estado liquido a estado gaseoso. 

Punto de Fusión: Es la temperatura a la cual una sustancia pasa de estado sólido a estado líquido. 

Solubilidad: Es la propiedad que tienen algunas sustancias de disolverse en un líquido a una temperatura determinada. 



La materia se presenta en la naturaleza en los siguientes estados:


SOLIDO: Los sólidos se caracterizan por tener forma y volumen constantes. Esto se debe a que las partículas que los forman están unidas por unas fuerzas de atracción grandes de modo que ocupan posiciones casi fijas.




LIQUIDO: Los líquidos, al igual que los sólidos, tienen volumen constante. En los líquidos las partículas están unidas por unas fuerzas de atracción menores que en los sólidos, por esta razón las partículas de un líquido pueden trasladarse con libertad. Así se explica que los líquidos no tengan forma fija y adopten la forma del recipiente que los contiene.

Al aumentar la temperatura aumenta la movilidad de las partículas (su energía).


GASEOSO:Los gases, igual que los líquidos, no tienen forma fija pero, a diferencia de éstos, su volumen tampoco es fijo. También son fluidos, como los líquidos. En los gases, las fuerzas que mantienen unidas las partículas son muy pequeñas. En un gas el número de partículas por unidad de volumen es también muy pequeño.
Las partículas se mueven de forma desordenada, con choques entre ellas y con las paredes del recipiente que los contiene. Esto explica las propiedades de expansibilidad y compresibilidad que presentan los gases: sus partículas se mueven libremente, de modo que ocupan todo el espacio disponible.
Al aumentar la temperatura las partículas se mueven más deprisa y chocan con más energía contra las paredes del recipiente, por lo que aumenta la presión.
Mirade que ben explicadiño está nos seguintes vídeos!

VENRES; 3 de abril de 2020
Ola clase! Como repaso final do reino das plantas, deixovos hoxe un enlace á páxina do Proyecto Biosfera do Ministerio de educación. Escollede 5 actividades e xa me contaredes cómo vos foi!

MARTES, 31 de marzo de 2020
Hoxe toca repasar o reino das prantas. Lembrades? Seríades capaces de realizar o test?? As solucións están debaixo, pero non as mirades ata acabar.


EXAMEN LAS PLANTAS
  • 1. ¿ Qué parte fija la planta al suelo ?
A) Tallo
B) Hojas
C) Raíz
D) Ramas
  • 2. ¿ Qué parte sujeta o sostiene la planta ?
A) Raíz
B) Tallo
C) Ramas
D) Hojas
  • 3. ¿ Qué parte sirve de almacenamiento de la planta ?
A) Hojas
B) Raíz
C) Tallo
D) Flores
  • 4. ¿ Dónde se encuentran los vasos leñosos de la planta ?
A) Tallo
B) Flores
C) Raíz
D) Hojas
  • 5. ¿ Dónde se encuentran los vasos liberianos de la planta ?
A) Hojas
B) Tallo
C) Flores
D) Raíz
  • 6. ¿ Qué parte de la planta absorbe el agua y las sales minerales ?
A) Hojas
B) Tallo
C) Ramas
D) Raíz
  • 7. ¿ Qué parte comunica toda la planta ?
A) Raíz
B) Hojas
C) Tallo
D) Flores
  • 8. ¿ Qué parte fija la planta al suelo ?
A) Ramas
B) Raíz
C) Tallo
D) Hojas
  • 9. ¿ Qué parte de la planta capta el dióxido de carbono ?
A) Raíz
B) Flores
C) Hojas
D) Tallo
  • 10. ¿ Por qué parte respiran las plantas ?
A) Tallo
B) Hojas
C) Raíz
D) Flores
  • 11. ¿ Qué reino de los seres vivos fabrica su propio alimento ?
A) Animales
B) Plantas
C) Hongos
D) Bacterias
  • 12. ¿ Cuántos reinos de seres vivos hay ?
A) 3
B) 6
C) 5
D) 4
  • 13. Los reinos de los seres vivos son: animales, plantas, algas, bacterias y .
A) Champiñones
B) Legumbres
C) Hongos
D) Setas
  • 14. Las plantas con flores que tienen semillas, pero no frutos se llaman...
A) Helechos
B) Gimnospermas
C) Angiospermas
D) Musgos
  • 15. Las plantas con flores que tienen semillas dentro de los frutos se llaman...
A) Musgos
B) Gimnospermas
C) Angiospermas
D) Helechos
  • 16. ¿ Los helechos tienen flores ?
A) No
B) Sí
C) No lo sé
  • 17. ¿ Los musgos tienen flores ?
A) Sí
B) No lo sé
C) No
  • 18. ¿ Los helechos y los musgos son dos tipos de plantas sin flores ?
A) Verdadero
B) Falso
  • 19. Los helechos y los musgos se reproducen por...
A) Esporas
B) Esquejes
C) Fragmentos
D) Semillas
  • 20. Los vasos leñosos conducen la ...
A) savia elaborada
B) savia oxigenada
C) savia bruta
D) savia química
  • 21. Los vasos liberianos conducen la ...
A) savia elaborada
B) savia química
C) savia oxigenada
D) savia bruta
  • 22. La savia bruta va por los vasos ...
A) leñosos
B) liberianos
C) de cristal
D) leñadores
  • 23. La savia elaborada va por los vasos ...
A) leñadores
B) leñosos
C) liberianos
D) de cristal
  • 24. El proceso de la fotosíntesis transforma la savia bruta en ...
A) savia oxigenada
B) savia elaborada
C) savia química
D) savia bruta
  • 25. ¿ En qué parte de la planta se produce la fotosíntesis ?
A) Raíz
B) Tallo
C) Hojas
D) Frutos
  • 26. La sustancia verde, presente en las hojas, que favorece la fotosíntesis se llama...
A) Menta
B) Tomillo
C) Clorofila
D) Hierbabuena
  • 27. La planta obtiene la energía mediante la combustión de oxígeno con su propio alimento.
A) Falso
B) Verdadero
  • 28. Las plantas crecen gracias a la energía que obtienen.
A) Falso
B) Verdadero
  • 29. Las plantas respiran...
A) De día y de noche
B) Sólo de día
C) Sólo de noche
D) No respiran
  • 30. El órgano reproductor de la mayoría de las plantas es la...
A) Flor
B) Hojas
C) Raíz
D) Tallo
  • 31. La corola es el conjunto de ...
A) sépalos
B) pétalos
C) hojas
D) flores
  • 32. El cáliz es un conjunto de ...
A) hojas
B) flores
C) sépalos verdes
D) pétalos de colores
  • 33. El órgano reproductor masculino de la flor se llama ...
A) aguja
B) pistilo
C) alambre
D) estambre
  • 34. El órgano reproductor femenino de la flor se llama ...
A) tubillo
B) pistilo
C) botella
D) estambres
  • 35. El estambre está formado por el filamento y la ...
A) estilo
B) antera
C) antena
D) ovario
  • 36. El pistilo está formado por el estigma, el estilo y el ...
A) filamento
B) antena
C) huevo
D) ovario
  • 37. El óvulo está en el ovario de la planta.
A) Verdadero
B) Falso
C) No sé
  • 38. El óvulo fecundado en las plantas con flores, con el tiempo, se transforma en semilla.
A) Verdadero
B) Falso
C) No sé
  • 39. Las plantas sin flores se reproducen por esporas.
A) Verdadero
B) Falso
C) No sé
  • 40. El paso del polen de una flor a otra flor se llama...
A) Fecundación
B) Germinación
C) Polinización
D) Fotosíntesis
  • 41. La unión de los granos de polen con óvulos se llama...
A) Germinación
B) Fecundación
C) Polinización
D) Fotosíntesis
  • 42. La polinización la hacen...
A) El viento y algunos animales
B) Sólo el viento
C) Sólo los insectos
D) Ninguna es correcta
  • 43. En el envés de los helechos hay unos agujeritos o saquitos llenos de esporas llamados...
A) Poros
B) Coros
C) Soros
D) Loros
  • 44. La reproducción asexual en las plantas se da cuando a partir de un fragmento de ellas mismas se genera una nueva planta que es una copia idéntica a su progenitora.
A) Verdadero
B) No lo sé
C) Falso
  • 45. La patata es un tubérculo porque es un tallo subterráneo que acumula gran cantidad de alimento.
A) Verdadero
B) Falso
C) No lo sé
  • 46. La cebolla y el ajo son bulbos porque son extremos interiores del tallo que acumulan gran cantidad de alimento.
A) Falso
B) Verdadero
C) No lo sé
  • 47. Los rizomas son tallos subterráneos que crecen horizontalmente y sobre estos tallos crecen nuevas plantas. Un ejemplo de reproducción de este tipo son los lirios.
A) Verdadero
B) Falso
C) No lo sé
  • 48. Los estolones son tallos subterráneos que crecen horizontalmente sobre el suelo. A medida que crecen estos tallos desarrollan raíces que dan lugar a una nueva planta. Un ejemplo de reproducción de este tipo son los fresas.
A) No lo sé
B) Verdadero
C) Falso
  • 49. Los polvorones son tallos subterráneos que crecen horizontalmente sobre el suelo. A medida que crecen estos tallos desarrollan raíces que dan lugar a una nueva planta. Un ejemplo de reproducción de este tipo son los fresas.
A) No lo sé
B) Falso
C) Verdadero
  • 50. Los esquejes son tallos que tienen la capacidad de producir raíces cuando están separadas de la planta. Un ejemplo de ello son las vides o los geranios.
A) Verdadero
B) Falso
C) No lo sé
  • 51. Las plantas no sé desplazan.
A) No lo sé
B) Verdadero
C) Falso
  • 52. Las plantas no realizan movimientos.
A) Verdadero
B) Falso
C) No lo sé
  • 53. Las plantas no tienen función de relación.
A) Falso
B) No sé
C) Verdadero
  • 54. Los movimientos de la planta acompañados de crecimiento propio se llaman...
A) Tropismos
B) Nastias
C) Narnias
D) Copismos
  • 55. Los movimientos de la planta ante el contacto, que no van acompañados de crecimiento propio se llaman...
A) Tropismos
B) Copismos
C) Narnias
D) Nastias
  • 56. El tropismo en el que las plantas crecen hacia la luz se llama...
A) Hidrotropismo
B) Gravitropismo
C) Nastias
D) Fototropismo
  • 57. El tropismo en el que las raíces de las plantas crecen hacia las zonas de más humedad se llama...
A) Hidrotropismo
B) Nastias
C) Fototropismo
D) Gravitropismo
  • 58. Cuando las raíces crecen hacia abajo y los tallos hacia arriba, este tropismo recibe el nombre de ...
A) Hidrotropismo
B) Nastias
C) Gravitropismo
D) Fototropismo
  • 59. Las plantas reaccionan ante estímulos como los cambios en el entorno ya sean provocados por la luz, la temperatura, la humedad, las estaciones, etc.
A) Verdadero
B) Falso
C) Ni idea
  • 60. De día, mediante la fotosíntesis, las plantas consumen CO2 y desprenden oxígeno. Tanto de día como de noche, las plantas respiran, cogiendo oxígeno y desprendiendo dióxido de carbono.
A) Falso
B) No lo sé
C) Verdadero
Answer Key
1.C   2.B   3.B   4.A   5.B   6.D   7.C   8.B   9.C   10.B   11.B   12.C   13.C   14.B   15.C   16.A   17.C   18.A   19.A   20.C   21.A   22.A   23.C   24.B   25.C   26.C   27.B   28.B   29.A   30.A   31.B   32.C   33.D   34.B   35.B   36.D   37.A   38.A   39.A   40.C   41.B   42.A   43.C   44.A   45.A   46.B   47.A   48.B   49.B   50.A   51.B   52.B   53.A   54.A   55.D   56.D   57.A   58.C   59.A   60.C  


Venres, 27 de marzo de 2020
Qué tal ides? Recodaredes que os animais teñen certas características, pero qué psaría se algunhas delas cambiasen. Ímonos relaxar un pouco e desfutrar desta curtometraxe que vos deixo hoxe.


Martes, 24 de marzo de 2020

Ola rapaces e rapazas! Repasastes ben a clasificaión e características do reino animal? Claro que o fixestes. Ímolo comprobar. Por qué non facedes este quiz interactivo para saber se necesitades repasalos un pouquiño máis?


MARTES, 17 de marzo de 2020
Hoxe toca repasar os animais vertebrados e invertebrados. Tedes as notas nos voso cadernos, pero podedes ver estes vídeos para repasar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario