LINGUA

XOVES 18 DE XUÑO 2020

Hoxe imos escoitar un conto en galego !!!!!




Luns 15 de xuño 2020




Ola , bos días da derradeira semana que comenza!!!!Hoxe imos ver un xogo para atopar unha casa encantada . O xogo está en castelán polo que tedes que enviar a introducción enteira en galego , pero a introducción lembrade ben "A INTRODUCCIÓN"
Espero que atopedes aos rapaces !!!!! Xa me diredes. 
Un bico



Venres, 12 de xuño 2020
Bos días! Aquí tedes as respostas á tarefa de onte e do luns!




Xoves, 11 de xuño 2020
Ola rapaces! Hoxe imos comezar co repaso dos verbos!
Mañá subireivos as solucións doa tarefa de onte e de hoxe para que vos autoavaliedes.

Luns, 8 de xuño 2020
Moi bos días! O repaso do grupo nominal foi moi ben. Parabéns! Deixovos as respostas que o poidades comprobar vós mesmos!


Hoxe imos repasar os demostrativos, os posesivos e a acentuación.



Venres, 5 de xuño 2020
Ola rapaces! Hoxe comezamos cun repaso de todo o curso. Estou convencida de que o faredes xenial! 

Xoves, 4 de xuño 2020
Bos días! Qué tal vos foi co repaso final? Eu penso, polo que vin, que nada mal. Aquí tedes as solucións para que o poidades comprobar vós mesmos.
LUNS, 1 de xuño 2020
Qué marabilla recibir as vosas lendas! Encántanme! Hoxe empezamos nova semana e novo mes, e sabedes qué? Imos acabar o caderno de Lingua! Gustaríame que fixésedes o repaso final que temos nas páxinas 78 e 79. Recordade que se non tedes o caderno na casa, podedes acceder a el aquí.

AS VOSAS LENDAS
Que ben as lendas que mandastedes. Gustáronme moito!!! Pero aínda espero recibir algunha máis.


















Venres, 29 de maio 2020

Ola rapaces! Hoxe imos seguir coas lendas. A tarefa para a fin de semana vai consistir en investigar e escribir unha LENDA .

Non ten que ser moi extensa, 10 ou 12 liñas estaría ben. Ollo! É necesario facer un DEBUXO para ilustrala.

Pasade unha marabillosa fin de semana e lembrade que podedes preguntarlles aos avós e avoas, tí@s, padriños, madriñas ou a algún veciño que saiba delas para que vos axude na tarefa.

Unha aperta enorme e bicos!




Xoves, 28 de maio 2020

Moi bos días ! Apaixoante o mundo das lendas, verdade? A min, encántame! Hoxe, gustaríame que comparásedes as vosas respostas coas que eu vos deixo a continuación. Non teñen que ser exactamente iguais, pero si parecidas!

Páxina 195 exercicio 3
  • Apalpador: é un personaxe relacionado co Nadal. Visita os nenos e nenas o 24 ou o 31 de decembro, tócalles o ventre para comprobar se comeron ben durante o ano, déixalles de agasallo castañas e deséxalles fartura para o ano.
  • Bruxa: é unha muller con poderes sobrenaturais.
  • Santa Compaña: é unha procesión de ánimas que andan na procura de vivos para engadir á súa procesión de mortos.
  • Trasno: é unha pequena criatura á que lle gusta facer trasnadas que, ás veces, son molestas para as persoas.




Páxina 195 exercicio 4
  • A. Quen non fose visitar Santo Andrés de Teixido mentres estaba vivo, terá que facelo de morto e convertido nun becho, como lagarto, saltón…
  • B. Ao final do arco da vella hai unha pota de moedas.
  • C. Na noite de San Xoán as mouras saen a bañarse nas fervenzas.
  • D. Existen lendas sobre o río Miño relacionadas con meigas e con santos.
Aquí tedes un documental do History Channel sobre as lendas na nosa máxica terra.

Luns, 25 de maio 2020
Bos días ! Qué tal estades? Espero que ben. A semana pasada en Lengua vimos as lendas e en lingua os sognos d epuntuación. Pois ben, esta semana, cambiamos. En lingua imos traballar coas lendas e en Lengua cos signos de puntuación!

Xa sabedes que as lendas son historias tradicionais que recollen feitos extraordinarios e fantásticos. De xeito distinto a como aparecen nos contos, eses sucesos preséntanse nas lendas coma se realmente acontecesen de verdade; é dicir, coma se fosen relatos verídicos.

Estas narracións forman parte da literatura oral: transmítense de viva voz de xeración en xeración, o que dá lugar a que existan, con frecuencia, distintas versións dunha mesma historia. Moitas lendas, ademais de entreteren, tentan explicar a orixe dalgún costume, festa ou lugar: cova, río, illas... En Galicia existen infinidade de historias marabillosas que ao mellor non coñecedes. Por exemplo, a lenda do gaiteiro e o lobo.


Podedes averiguar cómo acaba? Hai moitos personaxes que aprecen nas lendas galegas. Algúns seguro que os coñecedes e outros... Imos ir á páxina 195 do voso libro e facer os exercicios 3 e 4 nos vosos cadernos. Lembrade escribir a data e o título: AS LENDAS.



Venres, 22 de maio 2020
Moi bos días a tod@s! Hoxe imos comprobar qué tal vos foi cos signos de puntuación.

Xoves, 21 de maio 2020
Ola rapaces! Hoxe en lingua imos ver algo de ortografía, que vos parece? Os signos de puntuación!

Recordade que en galego a INTERROGACIÓN e a EXCLAMACIÓN van soamente ao final! Polo tanto, a tarefa de hoxe vai consistir en copiar o cadriño rosa da páxina 184 do voso libro de texto nos vosos cadernos e facer as páxinas 76 e 77 do voso caderno de lingua.


Moitos saudiños!
Martes,19 de maio 2020
Aquí temos algúns exemplos dos vosos traballos









Luns, 18 de maio 2020
Bos días rapaces! Qué tal? Cómo pasastes o día das Letras Galegas? Espero que ben.
Hoxe, imos correxir as páxinas 74 e 75 do voso caderno de Lingua e  quero proporvos unha tarefa de reflexión. Empezamos coas respostas ós exercicios do caderno de traballo.

E agora a tarefa de reflexión! Onte celebramos o Día das Letras Galegas adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero como xa ben sabedes. O galego ten moitísimas palabras fermosas e gustaríame que me escribísedes a vosa facendo un debuxo que a represente. Aquí tedes algunhas das que a min máis me gustan polo seu significado ou polo ben que sonan cando as dicimos!

Venres, 15 de maio 2020
Xa sei que hoxe é 15 de maio, pero como o 17 de maio cae  a domingo vou compartir con vós un pouco de información e unhas actividades para celebrar o día das nosas letras: As letras galegas.
Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo e lingüista que naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910.


Por iso hoxe tedes que ir páxina principal do blog e mirar as tarefas que están postas alí sobre Ricardo Carbalho Calero.

Xoves, 14 de maio 2020

Ola clase! Hoxe en lingua galega imos ver o mesmo que en castelán para que sexa máis doado. Xa tedes os apuntamentos en Lengua pero se alguén quere darlle unha ollada extra, están no voso libro na páxina 182.




A tarefa de hoxe consiste en facer as páxinas do CADERNO DE LINGUA 74 e 75. Se non tedes a caderno de lingua na casa, clicade aquí para acceder a el.
APERTAS PARA TODOS VÓS!
Luns, 11 de maio 2020

Ola nen@s!!!!! Hoxe comenza unha nova semana chea de novas aventuras para todos nós!!

Por iso imos ler unha nova lectura que atoparedes na páxina 72 do voso cuadernillo de Lingua Galega , titúlase " Unha sobremesa deliciosa"

A tarefa de hoxe consiste en facer a páxina 73 do caderno e contestar as preguntas do texto.




Venres, 8 de maio 2020
Bos días clase! Veña que xa pasou outra semana, campeóns!  Gustouvos a historia de Daniel? A min, moito. Aquí tedes as respostas.


E agora, a tarefa de hoxe. Seguimos traballando no caderno de lingua e imos facer as páxinas 70 e 71. Se non tedes o caderno na casa, podedes clicar aquí e ir ás páxinas 70 e 71.

Xoves, 7 de maio 2020
Ola rapaces!!!!! Bos días!!!! 
Hoxe facemos as páxinas 66 e 67 do voso caderno de Lingua Galega.
Imos ler un conto que fala dun rapaz chamado Daniel cuxo aniversario é o 15 de agosto. Daniel pensa que ninguén lle dará os parabéns pero............ seguide vós. Cómo rematará?
Se non tedes o caderno na casa, podedes clicar aquí e ir ás páxinas 66 e 67.

Luns, 4 de maio 2020
Ola nen@s!
Unha semana máis pero un día menos!
Qué tal vós foi estes días? Hoxe correximos os últimos exercicios que fixestedes, qué vós parece?
Unha aperta moi grande para todos vós e as vosas familias!


Xoves, 30 de abril 2020
Ol@ rapaces!!!!! Xa vexo que moitos de vós destes unha voltiña pola rúa o domingo pasado polas redaccións enviadas ó meu correo!!!!! Qué ben!!!! Alégrome moito pero xa sabedes " a modiño e con moita cabeciña"
Hoxe en lingua galega imos traballar o que vimos en lingua castelá: o uso dos puntos suspensivos e o uso do punto e coma. Para iso, imos copiar o cadro rosa nos vosos cadernos que atopámos na páxina 168 do voso libro de texto . Despois facemos o exercicio 1 e 2 da mesma páxina.
Qué vós parece? Doado, non si?


LUNS 27 de abril 2020
Ol@ rapaces!!!! Cómo levades a semana sexta de confinamento??? Imaxino que algún de vós xa deu unha pequena volta pola rúa onte.
Así que hoxe teredes que contar en 7 líneas cal foi a vosa experiencia de onte.


CHEGAN AS PRIMEIRAS FOTOS VOSAS LENDO






















Luns, 20 de abril de 2020
Ola clase! Espero que vós e as vosas familias sigades ben.
Pola traballo que fun recibindo, penso que entendestes moi ben a clasificación das oracións. Aquí tedes as respostas para que vos corrixades vós tamén.


E agora a tarefa para hoxe. Qué vos parece se hoxe lemos? Se lemos algo en galego, por suposto, que teñamos pola casa ou que busquemos na internet? Un conto, unha noticia, unha lenda, un capítulo dun libro? A mín paréceme unha boa idea para compartir con vos. Para esta activiade vouvos pedir 3 cousiñas:
  • Ler, obviamente
  • Desfrutar (non vale agobiarse nin estresarse. Se non tedes ningún conto en galego, podedes escller unha das lecturas do libro de texto)
  • Unha foto de vós lendo, sós ou acompañados.
Deixovos un conto que se titula O incrible neno devorador de libros.

Venres 17 de abril de 2020
Bos días! Qué tal estades? Para comezar, deixovos as respostas ás actividades que fixemos onte.
Despois de facer unha autoavaliación, imos continuar coas oracións. Xa vimos en Lengua as oracións en voz activa e voz pasiva e as oracións simples e compostas. Pois hoxe, imos reforzalas en Lingua. 
Imos comezar por ler a seguinte explicación, que atoparedes no voso libro na páxina 166.
Tedes que recordar que para facer unha oración en voz pasiva necesitamos o verbo ser e un participio.
A tarefa foi feita polos alumnos extraordinariamente.
Agora, a pensar un pouco e resolver os seguintes exercicios no voso caderno. (páxina 167)
Para rematar con Lingua hoxe, imos o caderno e faremos a páxina 69.

Xoves, 16 de abril de 2020
Ola rapazas e rapaces! Bos días! Recordades o que fixestes en Lengua hai dous días? Pois imos facer o mesmo pero en Lingua. Vaivos resultar moi fácil! O fragmento que tedes a continuación está na páxina 166 do voso libro de Lingua. No caderno, escribimos a data e copiamos esta explicación.


Ademais, dependendo do número de verbos que teña as oracións poden ser simples ou complexas. Aquí tedes unha explicación, que debedes copiar no voso caderno.

E agora imos coa práctica. Na páxina 167 do voso libro de Lingua gustaríame que fixesedes os exercicios 1 e 2. No exercicio 1 non é necesario que copiedes o texto! Soamente localizade as oracións!


Seguro que vos saen xenial. E para acabar coa tarefa de hoxe imo o caderno de Lingua para facer a páxina 68. Se non tedes o caderno, podedes facer os execicios no caderno sen copiar todo. Recordade o caderno de Ligua tamén o tedes na pestana Libros dixitais e máis recursos.


Imos de viaxe con Hafssa a ...


Imos de viaxe con Alberto a ...





Imos de viaxe con Laura a...

Imos de viaxe con Santiago a...


Imos de viaxe con Rania a...



Imos de viaxe con Diego a...



Imos de viaxe con Adrián Garrido a...




Imos de viaxe con Noa a...






Imos de viaxe con Silvia a...






Imos de viaxe con José Manuel a...




Venres, 3 de abril de 2020

Ola clase! Como me gustaron os vosos traballos! Como sabedes hoxe é o último día antes das vacacións de Semana Santa. Faise raro falar de vacacións cando xa non estamos indo ó cole, verdade? Qué vos vén á cabeza cando pensades en vacacións? A min: VIAXAR! Estes días non podemos sair da casa e polo tanto nonpodemos viaxar, pero si podemos viaxar doutras maneiras. Propóñovos facer unha viaxe virtual a un lugar que sempre quixestes ir, sos, con amigos ou en familia.
Podedes viaxar preto da casa, a unha vila de Galicia, a un lugar de España, a outra cidade dun país Europeo ou do mundo ! Deixade voar a vosa imaxinación!
A voso a viaxe debe incluir:
  • Motivos polos que elixides viaxar a ese lugar.
  • Situación do lugar (Onde está?)
  • Descripción do lugar
  • Actividades que podemos realizar nel
  • Que meter na maleta para que non nos falte de nada!
Podedes buscar información en Internet, en revistas, enciclopedias, o que teñades na casa, pero non copiedes a información directamente. Tamén lle podedes preguntar á vosa familia!
Ademais, podedes facer a vosa viaxe máis atractiva con debuxos, fotografías...
Non tedes que entregalo hoxe, nin mañá. Podedes entregalo cando remate a Semana Santa!!!

Xoves, 2 de abril de 2020
Bos días a tod@s! O último día repasamos as palabras con  x e con ll. A veces, por influencia do castelán, confundímolas.
Non hai moito descubrín un programa que se chama "Dígocho eu". A presentadora é Esther Estévez e con vídeo moi curtos resolve dúbidas sobre expresións ou palabras que usamos de forma incorrecta.
Aquí tedes dous vídeos sobre expresións e palabras que estamos a utulizar estes días. Vós usádelas ben?

Qué tal se investigades nos consellos que nos dá Esther e pensades nalgunha expresión/ palabra que estemos a usar incorrectamente? Non vos vou pedir que vos gravades un vídeo, pero se queredes podedes! Si que me gustaría que fixésedes un cartaz cunha expresión/ palabra que estemos a usar incorrectamente e co seu uso correcto.


Luns, 30 de marzo de 2020
Ola! Espero que a vosa fin de semana fora ben. Hoxe deixovos as solucións ás actividades do voso caderno de actividades da semana pasada.


Como sabedes hai moita xente maior que está soa cumprindo coa corentena. Por sorte, vós estades coas vosas familias. O último que fixemos foi traballar na redacción dun folleto e explicar cómo usar un aparello, neste caso unha tostadora. A actividade que vos propoño para hoxe é que redactades un folleto dando consellos á xente maior que se atopa soa e non sabe moi ben cómo actuar ante esta situación que estamos a vivir.



 
Venres, 27 de marzo 2020
Ola! Qué tal? Cómo vos foi coa ortografía? Ben. A que si?
Hoxe imos repasar a coma e os dous puntos. Necesitades ir á páxina 154 libro e copiar o cadro rosa no voso caderno.

Despois imos a practicalo facendo as páxinas 64 e 65 do vos caderno de traballo.



Xoves, 26 de marzo 2020
Moi bos días! Hoxe tócanos algo de ortografía: palabras con X ou LL.
Na páxina 138 do voso libros tedes un cadriño rosa coa inforamción que xa repasamos na aula, pero gustaríame que o copiasedes no voso caderno.


Para practicar, imos os vosos cadernos de lingua e teredes que facer a páxina 58.



Luns,23 de marzo de 2020
Bos días a tod@s! Qué tal estades? 
Quero que pensedes en palabras novas que estamos a utilizar na sociedade estes días. Por exemplo: blog, wifi, chío... Estas palabras chámanse neoloxismos. Sabedes cantos neoloxismos se detectaron na lingua galega no ano 2019? Moitísimas. Máis de 2000!

Os neoloxismos son palabras novas que se crean para poder nomear cousas, accións, profesións etc. que ante non existían. Se ides á páxina 151 do voso libro de lingua tedes esta información máis ampliada. 

No vídeo que tedes a continuación tedes unha explicación de cómo se recollen os neoloxismos. É moi interesante!



Agora, imos practicar. Necesitades ir ó voso libro de Lingua, á páxina 151 e facer o exercicio 4. Para os que non o tedes, deixovolo aquí.


LUNS, 16 de marzo de 2020

Ola! Comezamos. 
Recoñecedes algunha interxección nesta páxina? Recordades o que son? E as frases feitas? Aquí tedes unha explicación.

Qué tal? Ben? Non si? Agora faremos os exercicios desa páxina. Para os que tedes os libros son os exercicios 3 e 4 da páxina 121.

Aquí tedes as solucións



1 comentario:

  1. Buenos días! Maria, podrías poner las fotos de la spaginas 64 y 65 del cuadernillo de lingua por favor? Es que Marcos lo dejo en el cole. Muchas gracias. Saludos

    ResponderEliminar