A Deputación de Ourense conmemorou onte, 6 de marzo, o 34º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia nun acto celebrado no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" no que a institución provincial entregou os premios do 2º concurso escolar sobre o estatuto e o coro do colexio interpretou como peche o himno de Ourense.
O xurado do 2º Concurso escolar sobre o Estatuto de Autonomía para Galicia, presidido polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, concedeu premios a traballos de debuxo e redacción a alumnos de Educación especial, Infantil, Primaria e Secundaria catros dos cales foron outorgados a alumnas do centro: Claudia Méndez Fernández (5 anos), Carlota Fernández Conde (5º de primaria), Paula Gómez Valencia (5º de primaria) e Elena Dameá Fernández (6º de primaria).
Moitos parabéns ás premiadas e ao coro do colexio por unha inesquecible actuación.Grazas a María Ramos, a pianista acompañante, pola súa magnífica interpretación!
Grazas en especial á deputación de Ourense por compartir este acto tan significativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario