viernes, 1 de mayo de 2015

FESTA DOS MAIOS

A festa dos maios é a festa por excelencia da Natureza, cando as flores están no seu máximo esplendor e por fin podemos despedir o inverno.
Xa desde tempos moi remotos, e cunha orixe moi incerta, festéxase na nosa cidade e noutras vilas e lugares de Galicia. O noso día grande é o primeiro domingo de maio.
A representación tradicional é a da pirámide, estructura de madeira cuberta con tea de saco  ao que va cosido o musgo e todo isto enfeitado con flores da época: xestas, codesos, carqueixas, uces..... e onde non pode faltar  o rosario de carrabouxos.
Todo maio irá acompañado das súas coplas, verdadeira crónica dos acontecementos máis salientables do ano, estrofas de catro versos onde riman o segundo e cuartoverso e a segunda estrofa recolle verso anterior. Comenza as coplas saudando o maio e rematan coa despedida, polo medio fálannos, con sátira e retranca,do que acontece aquí e acolá.
Os nenos de sexto e quinto de primaria colorearón e pintaron o seu propio maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario