martes, 21 de enero de 2014

A ENERXÍA NA NOSA SOCIEDADE



Enerxía e medio natural

Na nosa vida diaria empregamos continuamente enerxía para desenvolver as nosas actividades. Utilizamos a luz eléctrica desde o momento en que soa o espertador, duchámonos con auga que se quenta con gas natural, quentamos o almorzo nun microondas que funciona con electricidade, usamos o autobús ou o coche, que utilizan combustibles fósiles , para ir ao colexio.....Todo o que nos rodea funciona con enerxía.

Canto maior é o nivel e a calidade de vida dunha sociedade, maior é o seu consumo de enerxía.

Non só os residuos xerados afectan ao ambiente. A producción de enerxía e o seu transporte tamén causan danos ao medio: vertidos de petróleo no mar, construcción de céntrais hidroeléctricas que modifican o curso dos ríos e os ecosistemas fluviais, centrais eólicas que supoñen un dano paisaxístico e algunhas especies de aves.........
O uso da enerxía causa problemas como:
O ESGOTAMENTO DOS RECURSOS: Xa que os combustibles fósiles son fontes de enerxía NON RENOVABLES.Para evitar o esgotamento é fundamental aforrar enerxía ademmais de promover o uso de enerxías renovables.
O QUECEMENTO GLOBAL DO PLANETA
A CHUVIA ÁCIDA






Interesante documental sobre los residuos radiactivos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario