miércoles, 18 de diciembre de 2024
martes, 3 de diciembre de 2024
"BAIXO O MESMO PARAGUAS"
Hoxe, 3 de decembro, lembramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha data para promover a inclusión, recoñecer a diversidade e defender os dereitos de todas as persoas, garantindo un mundo máis xusto e accesible para todos e todas. Porque a igualdade real constrúese cada día.
viernes, 22 de noviembre de 2024
DÍA DE LA MÚSICA 22 NOVIEMBRE 2024
Hoy, 22 de noviembre, celebramos el Día de la Música.
¡Qué maravillosa idea! Crear un vídeo basado de la canción “Do-Re-Mi” de la película "Sonrisas y Lágrimas" (o "The Sound of Music") se ha convertido en una actividad creativa, educativa y divertida que involucró a todos los estudiantes de Primaria.¡FELIZ DÍA DE LA MÚSICA!
miércoles, 20 de noviembre de 2024
DÍA DA INFANCIA 2024
Hoxe 20 de novembro, na nosa clase de 6º de
Primaria, celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, unha data
importante para recordar e reflexionar sobre os dereitos que todos os nenos e
nenas do mundo teñen por nacer, como a educación, a protección, a saúde e a
participación.
Cada un dos
nosos compañeiros e compañeiras elixiu un dereito que considera fundamental
para a súa vida e o compartiu cos demais.
Un dos
dereitos que máis se repitiron foi o dereito á educación. Moitos dos
nosos compañeiros falaron sobre a importancia de aprender e de poder ir á
escola cada día, para poder ter un futuro mellor e máis xusto. Tamén se
mencionou o dereito a vivir en familia e a protexer os nenos e
nenas de calquera tipo de maltrato, abusos ou neglixencia.
Outro
dereito que causou moita emoción foi o dereito a xogar e divertirse.
Moitos expresaron que, como nenos, necesitan tempo para xogar e aprender
xogando, xa que iso tamén lles axuda a crecer e a desenvolverse mellor.
Ademais,
falamos sobre o dereito a ser escoitados. Moitos compañeiros destacaron
que, ao igual que os adultos, os nenos e nenas tamén deben ter a oportunidade
de expresar as súas opinións e sentimentos, e que escoitar as súas voces é
esencial para que se sintan respectados e importantes.
Ao final da
clase, falamos sobre a responsabilidade de coñecer e defender estes dereitos,
para que ningún neno ou nena quede atrás. Foi unha xornada de reflexión e tamén
de celebración, porque sabemos que, xuntos, podemos lograr que o mundo sexa un
lugar mellor para todos.
viernes, 8 de noviembre de 2024
SAN MARTIÑO 2024
Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"






.jpg)













