miércoles, 12 de noviembre de 2025

O MAGOSTO 2025


O Magosto é unha festa moi querida en Galicia. Celébrase no outono, cando se recollen as **castañas**. As persoas xúntanse para **asalas no lume** e comelas quentiñas.

Tamén se canta, se xoga e ás veces **píntase a cara coa cinza**. É un día de alegría, no que todos comparten comida e risas.

O Magosto é unha maneira bonita de **celebrar o outono** e estar xuntos en amizade.
Os nenos e nenas de 6º primaria para lembrarnos deste día fixemos unha manualidade chea de cores do outono coa castaña de protagonista











viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DE LA ALIMENTACIÓN

 **Promover unha alimentación saudable na infancia*

A alimentación na infancia é clave para o crecemento, o
desenvolvemento físico e cognitivo, e a prevención de enfermidades no futuro.
Ensinar bos hábitos alimentarios dende pequenos é unha das mellores ferramentas
para garantir unha vida longa e saudable.
  Ademáis a educación alimentaria é unha responsabilidade compartida
entre familias, escolas e comunidade. Promover unha dieta equilibrada dende a
infancia é investir nun futuro máis san, feliz e sustentable.
Por iso os nosos alumnos fixeron o proxecto " Pirámide A limenticia na escola"