miércoles, 18 de diciembre de 2024

VACACIONES DE NAVIDAD 20-25

 

A desfrutar o Nadal en familia!

O Nadal é unha época máxica para compartir coa familia e os amigos. Aproveitade estes días para rir, contar historias, cantar panxoliñas e crear recordos que quedarán sempre nos vosos corazóns. Non esquezades dar as grazas polos momentos especiais e tamén de axudar nas pequenas tarefas da casa.

 

Lembrade que o mellor agasallo non se atopa baixo a árbore, senón no cariño, no respecto e no tempo que compartimos xuntos. ¡Desfrutade a tope deste Nadal!

 

                                           María Conde





NAVIDAD 2024-25




 

martes, 3 de diciembre de 2024

"BAIXO O MESMO PARAGUAS"

 Hoxe, 3 de decembro, lembramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha data para promover a inclusión, recoñecer a diversidade e defender os dereitos de todas as persoas, garantindo un mundo máis xusto e accesible para todos e todas. Porque a igualdade real constrúese cada día.